martes, 20 de mayo de 2008

Obra


I

Sempre hai unha princesa,
un dragón e unha torre,
e un cabaleiro que a vén rescatar.
Sempreo
conto é o mesmo.
Pero xamais nos explican a que tanta insistencia,
o nome do dragón,
o lugar da torre.
Nunca nos descobrenque
o cabaleiro non vén,
que non existe,
que só é unha mentira profilácticapara
que o dragón non nos devoree
a torre non se revele como o camiño do inferno.

II
A torre é o camiño do inferno,
sen guía,
sen man, nin cabaleiro que acompañe
á mediocre princesa
que arde nas lapas do dragón.
O lume é o destino,
a aniquilación e o silenzo da cinza,
meigas ou princesas,
o camiño é o mesmo.
ou Ofelia, ou Medusa. Sen elección. Condenadas á
inocencia, ao silencio. A todos os silencios.
Pero se coñecemos á dama da poza, se buscamos a
razón do abismo e aprendemos a rotación da lúa,
nunca máis levaremos a grinalda de Ofelia e as
flores non volverán ser brancas. Branca só a palidez
da pel, o reflexo da lúa.
Vencedoras de Perseo, nunha illa sen mapas,
recolleremos os corpos, virán á nosa praia, todas,
todas as que levaron a estrela na fronte e escoitaron
as buguinas do mar, as que buscaron o seu cuarto e
deixaron un sombreiro sobre as augas
----------*----------
Ósos de muller,
ósos que encolleron na humidade do inverno,
de todos os invernos
que anegaron o século.
Ósos de muller,
ósos ou cristal que non resiste os días
e se crava na carne
recordando a dor de cada parto,
de cada océano de sangue
que o corpo vomitou.
Ósos de muller
que esmorecen co inverno das mil chuvias
e volven á terra que pisamos,
á eternidade do silencio e á verdade,
á detención do sufrimento.

· Coiraza (2002)

I

memoria
memoria do corpo, pel e auga
desexo e sentido
memoria do que queremos esquecer
páxina en branco para punzar de novo
memoria
seixo que se desfai e é arrastrado
para non deixar nada que nos magoe
chuvia que non se para
auga que o leva todo
memoria
memoria do que nos queda
do que borramos
profundamente vencidas
dolorosamente vencidas
para defendernos
II
Coiraza,
casa e casulo,
funil para baixar ao fondo,
ao lugar apartado e pequeno
ao que nada chega
(só esta voz)
e estar comigo
só comigo alí onde o silenzo
preña unha tea clara e permanente
para este pozo definitivo.

III

hoxe es un animal ferido
atrapado sen saída na coiraza
que a noite trouxo
como levar a luz á túa alma
como curar a dor das mans, de cada óso
vaste devorar sen que iso sexa
a penitencia imposta para ti
aínda que o vómito rodee o teu respiro
aínda que non haxa osíxeno nin mar
Orfa estou sobre este marzo incrible
lanzando miles de palabras ao centro do abandono
e coa pel do deserto vestindo as miñas pernas.
Os cabelos son de area e a boca
pedra ferida polo vento.
Non podo abrir os ollos á ventisca
e non os vexo, non vexo as vosas mortes sobre o
entroidon
no centro do balbordo,
no extremo da corda que voaba
desde a escada de caracol hai tantos anos.
hai un tempo en que a morte
rodea esta distancia e se aproxima
sobre o deserto e o vento
no abandono.

· Setembro (1998)
Hoxe estou en silencio xogando co pasado,
mentres vexo chegar andando a miña avó,
que aínda é tan pequena como eu a recordo
e segue alí no vello paseo Afonso XII.
Eran cen escaleiras as que nos separaban,
o mundo da cidade vencido de ruídos
e a praciña de pedra en que aínda hai un pozo
ou a casa pequena da indomable Manuela.
Recupero a memoria de Pepa silenciada
pola peste da gripe cando empezaba o século,
e o misterio da vida en garrafas de barro
e algodón por Gonzalo, que naceu a destempo.
Recupero a friaxe e o sal do mar na noite
e a chalana afogada na outra beira da ría,
á miña nai tirando carbón desde a bufarda
ou atada a unha silla de falar castellano.
E eu sinto que son hoxe tantas que entón me foron,
Saladina, Manueliña, Rosa ou tamén Pepa,
e a mesma Teresa que nos fala incansable
mentres o tempo vai rodando pola tarde.

lunes, 19 de mayo de 2008

Unha pequena biografía

Marta naceu en Vigo en 1996.
Non lle deixaban falar galego, a nai falaba o castelas e o pai o castrapo. como os pais quería o mellor para elamandarona a un collexio de monxas e por iso ahora ten tanto rexeitamento a relixión e a clae eclesiástica.

Empezou a participar en concursos literarios cando se matriculou nun coleio público. Un compañeiro que colaboraba coa Radio Ecca propúxolle a posibilidade de realizar un recital ela e tres amigos mais, un deles Fran Alonso. Comezaron a elaborar o manifesto baixo o título de "Na cidade espida" recitárono ante unha sala ateigada de compañeiros e compañeiras de facultade e público diverso.

En 1989 rematou a licenciatura en Filoloxía, na subsección, daquela, de Galego-Portugués. Participou no Grupo de Teatro de Galego, onde fixo amizade con Roberto Salgueiro, Pablo Rodriguez, Artur Trillo ou Isabel Vaquero. Representaron o Don Hamlet de Cunqueiro no Teatro Principal.

Rematada a carreira comezou a traballar como docente de inmediato: Compostela, Sarria, Curtis, Negreira ... Tomiño. Neses anos entrou na UTEG, chegando ser liberada sindical desa organización, o que lle permitiu vivir de preto o proceso de unificación que daría nacemento á CIG, onde sige traballando activamente.

Son os anos en que comeza a facer públicos os seus escritos, primeiro en revistas: Congostra, Olisbos, o xornal A Peneira, onde obtería o seu primeiro premio, Lúa, da Asociación Cultural Rosalía Castro de Cornellá, con ocasión de ter gañado o 3º premio Rosalía Castro ... En 1994 sae á luz o primeiro libro: Crear o mar en Compostela, premio de poesía O Grelo, a partir de aquí virían outros premios e outros libros: Pel de ameixa, González Garcés 1995, Setembro, Martín Códax 1998, En atalaia alerta, accésit do Esquío 1999.

Durante eses anos, 1987-1998, vivíu en Compostela, onde coñeceu a moitos dos poetas da súa promoción: Rafa e Miro Villar, Paco Souto, cos que mantivo relación desde moi cedo e, máis tarde, Eduardo Estévez, Estevo Creus ...Con eles colaborou para levar adiante distintas empresas, a máis ambiciosa e a máis recente Letras de Cal, onde entraron ata 18 escritores para publicar obra inédita dos máis novos.

Nestes anos composteláns participou activamente en recitais, quixeron compartir e difundir a poesía, e o primeiro grande froito dese labor foi o contacto entre eles mesmos: Chus Pato, Lupe Gómez, Yolanda Castaño, Emma Couceiro, Verónica Martínez, Igor Lugrís, Olga Novo, Celso Fdez. Sanmartín, María Lado, Isolda Santiago, Sechu Sende, Mónica Góñez, Maliar Aleixandre, a parte de todos os xa citados anterioremente.

Os seus libros individuais son todos resultado dun certame literario.

Marta procura escribir co corazón, co firme propósito de revolverlle o estómago ao que se senta fronte aos seus poemas, e que aínda ten que escribir o poema máis importante, pero non sabe cando o poderá facer porque ese poema comprometido co tempo en que está a vivir e coa súa condición humana, precisa dunha voz sólida e un pulso firme.

domingo, 18 de mayo de 2008

ola a todos!

Son Noelia unha alumna do C.P.I Vicente Otero Valcarce de Carral e comezo oxe con un novo blogger para facer un traballo para a escola.

Vou falar sobre Marta Dacosta unha escritora de Vigo que se encadra na "xeracion dos 90" xunto con outros escritores como por exemplo Chus Pato, Olga Novo, Helena de Carlos, Fran Alonso, Xavier Santiago, Manuel Cortes entre outros.

Nas seguintes actualizacions que faga vou poñer toda a sua obra, unha pequena biografia, algunhas características da súa obra entre outras cousas.